Sitio en construción

Polo de agora non tes nada aquí pero máis ben cedo ca tarde publicarei un limiar para que poidas saber de que vai o conto, nunca mellor dito. Así que mentres a cousa non comeza o que podes facer é subscribirte ao sitio para poder recibir as novas publicacións directamente na túa caixa de entrada e deste xeito non te perderás ningún capítulo.

Tamén quixera lembrarche e ao tempo pedirche que cando esta aventura comece, non dubides en compartila pois só coa túa axuda isto terá sentido e collerá forma. Vai ser un serial gratuíto e para alimentalo, obviamente terá que ser lido.

Así e todo, quixera agradecerte que xa chegaras ata aquí porque iso quere dicir que te interesaches polo que teño pensado facer.

Esta novela estará escrita orixinalmente en galego e será traducida ao español para ser publicada enMemorias de un maltratador. A versión en español lanzarase coma mínimo dous meses despois da versión orixinal.

Por suposto, non temas subscribirte xa que as publicacións tratarei que sexan periódicas pero non moi axustadas no tempo polo que non debería ser un problema para ti. Prométoche que non teño pensado enviarche máis dun correo electrónico coma moito á semana. Aínda non decidín se o serial será semanal, quincenal ou mensual; supoño que dependerá da acollida que teña o limiar que che adianto que será ao longo deste mes. Así que anímate e subscríbete, non costa nada nin se che pedirán axudas de ningún tipo, nin monetarias nin de acción. Pero ten en conta, que comentando, compartindo e todas esas cousas que adóitanse facer nas redes sociais, fan que un traballo deste tipo pague a pena.

Sempre agradecido, aproveito para saudarte.